Día escolar da PAZ
O día 29 de Xaneiro, venres, celebramos o Día Mundial da Paz e a Non Violencia. No patio central do colexio os nenos e nenas quixeron, un ano máis, despertar en cada un de nós a necesidade de traballar a favor da Paz, e así conseguir un mundo máis xusto e con menos violencia.
Neste acto entrañable e moi vistoso, os alumnos leron unha poesía na que nos invitaban a levar a cabo actos cotiáns a favor da Paz. Tamén, os nenos de 5º e 6º escenificaron unha canción na que se puña de relevo un canto á unión por riba das diferenzas.
Rematamos cunha solta de globos para resaltar que a xustiza, a solidariedade, o respecto e a dignidade humana son os principais valores nos que se fundamenta a Paz.



























