Premio no concurso de fotografía
O día 24 de xaneiro foi o día da "Infancia Misionera 2016”. Con tal motivo, alumnos e alumnas de 6º de EP e 1º de ESO do colexio San José, presentáronse ao concurso “Di gracias con una foto” sendo premiada a alumna de 1º de ESO, Marta Reino Hermida, na fase diocesana.
Marta, acompañada da súa profesora, recolleu o seu galardón na Eucarístía das 11:30 na Igrexa de San Pío X. Noraboa Marta!
Agora ten a oportunidade de participar nunha 2ª fase, segundo establecen as bases, a nivel nacional.
Con este concurso de fotografía, os nenos/as tiveron a ocasión, de compartir o seu modelo de expresarse e dar as grazas, tratando de reflectir instantes, convertidos en imaxes, no que nos sentimos agradecidos por todo aquilo que nos rodea, posuimos ou vivimos.
















