EXPOSICIÓN "OUTROS MUNDOS"
“Outros mundos” unha exposición formada por 40 imaxes captadas por sondas da NASA e a ESA, procesadas polo fotógrafo Michael Benson.
Grazas a elas podemos viaxar polo sistema solar explorando a variedade de paisaxes que nos ofrecen os astros.
O alumnado de Infantil realizou esta visita para dar comezo ao seu proxecto sobre o universo e o alumnado de Primaria como ampliación de coñecementos da materia de ciencias sociais.























































