arriba
youtube instagram facebook telefono
Xoves, 5-Marzo-20265-Mar-2026


PortadaseparatorDestacamosseparatorCompromiso co medio ambiente


Compromiso co medio ambiente

Compromiso co medio ambiente - Foto

Desde hai moitos anos, o compromiso co medio é unha das constantes no noso Centro. Seguindo o lema das tres R (Reducir- Reutilizar- Reciclar), animamos en primeiro lugar á reutilización e redución do gasto enerxético e de distintos tipos de consumibles (papel, tinta...) e como segunda opción, á reciclaxe.

Reducir- Reutilizar
Valoramos e potenciamos a redución e reutilización como aspecto básico para o coidado do medio e a conservación dos recursos naturais, sen esquecer tamén o aforro económico que leva consigo. Ademais de estar incluído no currículo de distintas áreas, no Centro traballamos este compromiso con actuacións variadas como por exemplo, a creación e colocación en determinados puntos do Colexio de pequenos carteis elaborados polo alumnado recordando a importancia de apagar as luces e pechar as billas.

Reciclar
Desde hai moitos anos, o Centro colabora na reciclaxe de papel e cartón. O operativo necesario para esta reciclaxe cambiou nestes anos. Nun principio, pequenos grupos de alumnas acompañadas por profesores nos desprazabamos co papel a distintos puntos da cidade para entregalos en pequenos almacéns destinados a este fin. Posteriormente, a asociación ASPANAS instalou uns colectores específicos e cada certo tempo, traballadores da asociación pasaban a recoller o papel e cartón almacenado. Actualmente, en colaboración con outra empresa, seguimos recollendo papel e cartón nestes colectores e noutros máis pequenos situados en cada unha das aulas do Centro.

 

A implicación na reciclaxe axeitada das pilas comezou a raíz da participación nun concurso. Actualmente continuamos coa recollida de pilas a pesar de que se aprecia un descenso considerable no uso destas debido ao aumento da utilización de baterías nunha gran cantidade de dispositivos.

Coa chegada dos ordenadores e impresoras chegou tamén a reciclaxe de cartuchos de tinta e toner. Nun principio, a administración do centro era a principal responsable da reciclaxe dos consumibles utilizados no Colexio pero, hoxe en día todo o centro está implicado na recollida de cartuchos, motivados pola participación nun concurso específico. Un grupo de profesores son os responsables desta recollida e posterior entrega á empresa organizadora do concurso. Para isto, prepararon unhas caixas que situaron na entrada e en cada un dos pisos do colexio. Cada certo tempo, estes profesores baleiran estas caixas e envían os cartuchos á empresa colaboradora.

 

Por último, en determinadas ocasións colaboramos con campañas solidarias relacionadas coa reciclaxe e o medio. Nestas campañas recóllense tapóns de plástico ou teléfonos móbiles para algún fin benéfico, polo que se fomenta a solidariedade con outras persoas coidando o medio.

 

 

 



Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de usuario, guardando preferencias, productos visitados, datos de acceso,..., con el fin de ofrecer contenidos adaptados a los intereses del usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume y acepta su uso.
«Ver nuestra política de cookies» | «Más información sobre las cookies». Si tienes alguna duda o sugerencia puedes usar nuestra «sección de contacto.».
PECHAR