LEMA
No noso sistema educativo e na sociedade na que nos toca vivir, cada un dos alumnos e alumnas serán obxecto dunha atención, na procura de desenvolvemento do talento, que converta a educación no principal instrumento de mobilidade social, axude a superar barreiras económicas e sociais e xenere aspiracións e ambicións realizables para todos.
Detrás das persoas están os valores que os vertebran, as actitudes que os impulsan, as competencias que os materializan e os coñecementos que os constrúen. O Traballo, Fe e Amor é o ideario do noso Colexio. O reto dunha sociedade democrática é crear as condicións para que todos os alumnos e alumnas poidan adquirir e expresar as súas capacidades, en definitiva, o compromiso cunha educación de calidade como soporte de igualdade e xustiza.
O colexio plurilingüe San José pertencente á Congregación das Siervas de San José é un centro concertado de educación católica, aberto a todos, sen distinción de raza, sexo, crenzas relixiosas, ideas políticas, condición social, calidades humanas














